Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  Iniciación deportiva para o alumnado con NEAE
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Sensibilizarse ante as diferenzas deportivas e físicas e competencias comunicativas co deporte adaptado.

Avaliar os resultados dos
programas de intervención en deportes
adaptados e de
integración global a persoas
con necesidades educativas
especiais.
30 A4
A5
B3
B4
D6
D8
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios ou proxectos realizados na aula e/ou das actividades autónomas do estudante 70 A5
B2
C3
C4
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Este máster ten a modalidade de ensino presencial, por tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser, polo menos, do 80% estando admitido faltar ao 20% da presencialidade.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación nese apartado.

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas ou actividades poderán presentarse á avaliación do primeiro cuadrimestre, que se celebrará no período oficial establecido, acorde ao programa da materia.

Haberá unha segunda convocatoria no mes de xullo na que se avaliarán as competencias non adquiridas polo estudante durante o curso académico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000