Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  O Deporte como Medio Integrador
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O profesor proporá contidos relacionados co deporte e a discapacidade na aula, para que o alumnado interveña en clase, achegando solucións orixinais, de forma individual ou colectiva. 20 B1
B2
B3
B4
C3
C4
C6
D4
D5
D6
D7
Obradoiro O profesor distribúe ao alumnado
en grupos de 1 a 2 alumnos/as e a cada un asígnalle un tipo de discapacidade diferente, para que deseñen un programa
deportivo inclusivo e integrador. Deberán explicar os obxectivos, materiais, programa e a avaliación que farán de devandito programa deportivo.
40 B1
B2
B3
B4
C1
C2
C3
C4
C6
D4
D5
D6
D7
D8
D9
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios ou proxectos realizados na aula e/ou das actividades autónomas do estudante. Realización de traballos en grupos de 3 a 4 alumnos. 40 B1
B2
B3
B4
C1
C2
C3
C4
C6
D6
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA 

Este máster ten a modalidade de ensino presencial, polo que a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser dun mínimo do 80% da materia. O/a estudante que falte a unha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a(s) tarefa(s) alternativa(s) correspondente(s) para poder continuar a avaliación continua.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais Esta proba suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e caracterísiticas serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente.

O/a estudante que non supere a avaliación da materia poderá presentarse na segunda convocatoria, no mes de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade.

Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web do Mestrado no espazo "exames" e na plataforma de teledocencia.

Esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000