Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  O Deporte como Medio Integrador
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor fará unha presentación estruturada dos contidos relacionados co deporte e a discapacidade, estudos de caso e diferentes tipos de materiais, coa finalidade de facilitar información organizada que permita a comprensión dos contidos. O profesor elaborará un guion facilitador coa correspondente exposición verbal e visual, dos contidos propostos na guía docente.
Obradoiro O profesor distribúe ao alumnado en grupos e a cada un asígnalle un tipo de discapacidade diferente, para que deseñen un programa deportivo inclusivo e integrador. Deberán explicar os obxectivos, materiais, programa e a avaliación que farán de devandito programa deportivo.
Traballo tutelado Deseño de proxectos deportivos integradores na aula, propostos polo profesor. Plantexaránse distintos entornos educativos para diferentes discapacidades, e o alumnado distribuido en grupos deberá dar respota ás propostas, debatindo en grupo e utilizando a bibliografía suxerida polo profesor u outra que se encontre nas diferentes bases de datos. Ao rematar haberá debate, comunicación ey discusión, entre os distintos grupos, das soluciones que se atopen.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000