Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  O Deporte como Medio Integrador
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos e a resposta organizativa de centro e servizos de apoio en contornas con poboacións con dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, así como no deporte de base e na actividade física para poboacións especiais.
B2 Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre evaluación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia.
B3 Diseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa tendo en conta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distintas discapacidades, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida.
B4 Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos.
C1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
C2 Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe.
C3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse cas súas necesidades educativas especiais.
C4 Xerar destrezas para aprender a diseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
C6 Saber evaluar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade.
D4 Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade.
D5 Capacidade de organización, planificación e autoevaluación.
D6 Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración.
D7 Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnologías da información e da comunicación.
D8 Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad.
D9 Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000