Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Estratexias Didácticas I: O Ensino
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, diagnostico como punto de partida.
Presentación da materia e dos proxectos que se expoñen ao alumno.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo alumno.
Estudo de casos Análise de contidos da materia, coa finalidade de interpretalos, esquematizarlos, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos e expor hipóteses .
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre a creatividade, o proceso creativo,o proceso de aprendizaxe e que permite enfocar os contidos da materia. Como complemento das clases teóricas.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través do TIC de maneira autónoma.
Debate Centraránse os temas de contidos da materia, análise de casos, o resultado dos proxectos, análises dun tema exposto previamente nunha lección maxistral.
Obradoiro Actividades enfocadas a adquisición de coñecementos e habilidades a través da manipulación de instrumentos sobre unha temática concreta. As actividades desenvólvense individualmente ou en grupo dunha forma autónoma.
Traballos de aula Os estudantes desenvolven proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.
Este traballo realizásese dunha forma autónoma.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades nas que se formulan cuestións relacionadas coa planificación docente. Os alumnos deben desenvolver as solucións adecuadas e concretas mediante os procedementos e técnicas educativas.
Presentación Exposición por parte dos alumnos ante o docente e o grupo de compañeiros dun proxecto realizado.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que estuden o proceso creativo, o proceso educativo e que permiten a cooperación de varios alumnos cos seus distintos coñecementos e puntos de vista, traballando en equipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000