Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte. Debuxo
 Materias
  Complementos para a Ensinanza do Debuxo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudos/actividades previos As tarefas individuais por conta do alumnado, realizadas con antelación a cada sesión de clase para tomar contacto cos temas e contidos tratados, serán avaliadas e tidas en conta na cualificación final. A realización de ditas tarefas en tempo e forma será considerada fundamental para poder acadar unha cualificación positiva nas mesmas. 15
Traballos de aula Como norma xeral, a contribución positiva aos debates, a participación na clase e o traballo na aula serán considerados positivamente na avaliación do alumnado. 5
Prácticas en aulas de informática Para a avaliación das prácticas con Geogebra, farase entrega das construcións xeométricas elaboradas durante as clases, crearanse e intercambiaranse pequenos manuais relacionados co programa, terase en conta a realización de consultas sobre as dificultades atopadas no traballo autónomo e valorarase a participación na aula. 5
Prácticas en aulas de informática Para a avaliación das prácticas con software de creación de recursos educativos, farase entrega dos recursos elaborados durante as clases, crearanse e intercambiaranse pequenos manuais relacionados cos programas utilizados, terase en conta a realización de consultas sobre as dificultades atopadas no traballo autónomo e valorarase a participación na aula. 5
Presentacións/exposicións Realizaranse pequenas exposicións e presentacións en público para poñer en práctica as capacidades de expresión oral. 5
Traballos e proxectos Como traballo final da materia elaborarase e presentarase un recurso educativo propio especificamente deseñado para dar resposta a unha necesidade didáctica concreta. 60
Probas de autoavaliación Unha vez finalizado o curso realizarase unha enquisa de avaliación da materia xunto cun pequeno exame de autoavaliación dos coñecementos acadados na materia, que tamén será tido en conta na cualificación final. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de non acadar unha avaliación positiva na primeira convocatoria, procederase a repetir ou corrixir o traballo final seguindo as indicacións do profesorado da materia, para volver a entregalo en segunda convocatoria e poder acadar unha avaliación positiva.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000