Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Investigación en Actividades Acuáticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Presentación por parte dos estudantes das situacións previamente especificadas polo profesor de acordo ás necesidades que neste sentido expoña o tema que se estea desenvolvendo.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos correspondentes, na que ademais do compoñente convencional de presentación- explicación do docente introdúzanse elementos de reflexión e dialogo, promovendo o pensamento crítico e estimulando a formulación de cuestións e comentarios por parte do alumnado.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A orientación do estudo e a lectura dunha maneira individualizada de forma que os intereses particulares do estudante poidan compaxinarse co traballo a realizar previsto para a materia.
Traballos tutelados Reunións informativas e de asesoramento nas que se proporcione a información necesaria sobre documentación directrices e normas de desenvolvemento dos temas e do proxecto. Así mesmo neste tipo de reunións realizaranse funcións de asesoramento e tutoría do grupo no que concierna á realización do traballo.
Prácticas de laboratorio A realización de sesións prácticas, nas que se ilustren aspectos da materia para cuxa mellor asimilación a visualización e vivencia directa de situacións relacionadas cos procesos de ensino- aprendizaxe constitúa un elemento esencial á hora de investigar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000