Traballos de aula |
Resolución de dúbidas e problemas no desenrolo dos exercicios e proxectos realizados na clase. |
|
Traballo tutelado |
Resolución de dúbidas e problemas que poidan xurdir no proceso de elaboración do traballo. O profesorado realizará as formacións/seminarios que considere oportunos para a mellora da documentación e a preparación da avaliación. A atención ao alumnado farase fundamentalmente nos horarios de titoría que o profesorado ten nos despachos. |
|
Práctica de laboratorio |
Resolución de dúbidas e problemas que poidan xurdir no proceso de elaboración do traballo. A atención ao alumnado farase fundamentalmente nos horarios de titoría que o profesorado ten nos despachos. Tamén faranse correccións na propia clase práctica. |