OUTRAS VIAS: En caso de ausencia forzosa do docente, as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía Telemática.
AVALIACIÓN: Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación na primeira convocatoria será continua. Por tanto a realización de todas as tarefas obrigatórias é imprescindible para superar a materia. Todo o alumnado que non poda optar pola evaluación continua ten derrito a ser avalado mediante un exame que constará duhna proba escrita (70) e outra oral (30). A proba oral durará 10 minutos e será una conversa na lingua estranxeira sobre puntos de interese dos contos e a película recomendados. A data das probas será a data oficial para os exames que se recoge na páxina web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es) no apartado de organización académica. Os alumnos que no podan asistir as aulas e que queran acollerse a evaluación continua deberán facer as tarefas e as presentacións obrigatórias nas datas establecidas. Unha vez que o alumno se acolle á evaluación continua, de non facer TODAS as tarefas obrigatorias, será calificado como non presentado na primeira convocatoria. A asistencia ás exposicións dos compañeiros é obrigatoria xa que haberá que avalialos. Durante o cuadrimestre os alumnos deberán ler os contos de lectura obrigatoria e ver a película que se recomenda na bibliografía.
O uso de tradutores automáticos está totalmente prohibido. A súa utilización suporá a perda da opción á avaliación continua, tendo que presentarse á avaliación da segunda convocatoria.
Calquera situación extraordinaria comunicarase ao profesorado para a súa consideración.
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria de xullo. Tarefas obrigatorias para a evaluación continua: Exposición 1 (20 puntos), exposición 2 (10 puntos), exposición 3 (10 puntos), exposición 4 (10 puntos); traballo escrito (20 contido+10 inglés), exame oral (20 puntos).
SEGUNDA CONVOCATORIA: Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, con preguntas de carácter teórico e supostos prácticos. De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria no apartado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). As datas dos exames orais acordaranse segundo as dispoñibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.
VÍDEOS DE TRABALLO:
Once upon a time LIFE. The fantastic story of the human body. Serie de vídeos sobre o corpo humano.
FILME OBRIGATORIO: School of rock. 2003. Dir. Richard Linklater
CONTOS LECTURA OBRIGATORIA: Burns, Marilyn (2008). The greedy triangle. Scholastic bookshelf Manley, Heather (2015). The Human Body detectives. (story 1 and 2). Heather Manley N.D. Silverstein, Shel (2005). The giving tree. UK: Harper Collins
|