Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliación continua: Presentación e exposición oral na aula dun traballo sobre unha unidade didáctica, co apoio de material. Se valorará a aplicación didáctica, a creatividade e a expresión oral. Poderá realizarse de forma individual ou en grupo. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación continua que inclúen actividades ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Se levarán a cabo depois do remate de cada unidade. 45
Resolución de problemas e/ou exercicios A docente recollerá na clase os resultados das actividades de comprensión e expresión escritas,os resultados dos traballos sobre a lectura dun libro, ou visionado dun filme ou sobre a temática da materia. Se poden levar a cabo de maneira individual. O obxectivo é obtener mostras da evolución do alumnado e verificar a súa asistencia ás sesións presenciais. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación será continua. Por tanto a asistencia a clase é importante.

Calquera situación extraordinaria debe ser comunicada ao profesorado para a súa consideración.

Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua poderá renunciar  a esta, sempre que teña motivos xustificados e infórmese ao profesorado antes de 20 de setembro. Neste caso será avaliado ao final do cuadrimestre  cun único exame con probas escritas e orais(70%+30%). Este exame terá lugar nas datas habituais do calendario escolar antes das vacacións de nadal.

Exame final: Estará composto de dúas probas, unha escrita relacionada cos contidos do programa, e de aprobar a escrita, unha proba oral, no que o/o alumno/deberaa saber narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou película, e poder describir as súas reaccións. A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro. As datas dos exames orais acordaranse segundo as dispoñibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.


Outros comentarios e segunda convocatoria

Na segunda edición de actas de xullo, todo o alumnado (os que non superaron a materia mediante a avaliación continua e os que non aprobaron o exame final de cuadrimestre) será avaliado mediante un exame final cunha proba escrita e outra oral (70%+30%) nas datas de exames oficiais establecidas polo centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000