Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas o profesor sinalará os conceptos esenciais dos diferentes puntos dos contidos da materia. Tamén trasladará ao alumnado unha serie de preguntas que se deberán responder nas horas de debate ou no grupo que se creará para a materia na rede social máis usada pola clase. O profesor tamén indicará bibliografía e sitografía útil para o alumnado procurar información e encontrar respostas.
Proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro tarefas que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe que deberá presentar oralmente cada alumno no final do cuadrimestre. As datas de realización das tarefas serán estabelecidas nas sesións de debate, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. Preferentemente, nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas mediante a realización de actividades grupais e colaborativas.
Presentacións/exposicións Desenvolveranse no final no cuadrimestre durante o período de exames estabelecido no calendario académico. Nestas sesións cada alumno deberá expor oralmente na aula o seu portfolio de aprendizaxe no tempo establecido previamente polo profesor e a clase.
Prácticas autónomas a través de TIC O alumnado deberá realizar en liña unha serie de actividades obrigatorias para reforzar o seu nivel de lingua francesa. As dúbidas serán resoltas preferentepente nas horas C ou durante o horario de atendemento do profesor.
Debates Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C, aínda que tamén se poderán programar encontros dixitais. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais. As horas de debate tamén se poderán usar para negociar datas, horarios, criterios e metodoloxía do sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000