Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación da preparación e da realización das actividades de aula desenvolvidas. 40
Informes/memorias de prácticas Avaliación do informe de análise e de sintése das tarefas e dos traballos prácticos realizados na aula - laboratorio. 30
Traballos e proxectos Avaliación do deseño e da formulación do proxecto encargado. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadoresO uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • O libro titulado Didáctica de las ciencias en la educación secundaria será de uso obligatorio.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

O alumnado que se puido acoller ao sistema de avaliación continua na primeira convocatoria, poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación positiva ou pola realización dun exame. Gardarense as cualificacións positivas acadadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. Dito alumnado tamén poderá optar por realizar un exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000