Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións educativas ou casos concretos. Utilización de instrumentos de avaliación e mellora da aprendizaxe escolar. Adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Traballos tutelados Resolución de actividades, estudio de casos, elaboración de documentos sobre a temática da materia, tanto na aula como fora dela, baixo a dirección do docente
Estudos/actividades previos Resolución de actividades e traballos na aula e fora dela baixo a dirección do docente
Titoría en grupo Entrevistas que os grupos manteñen co docente para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000