Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo
A través delas o profesor facilitará e orientará os estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...)

Proxectos
Mediante esta metodoloxía os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto de Innovación Educativa e outro de Investigación Educativa nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades, e todo isto a partir do desenvolvemento de aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos.

Actividades introdutorias
Esta actividades servirán para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos,
planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.

Estudo de casos/análises de situacións
Esta metodoloxía consistirá na análise intensiva e completa dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e, en ocasións, adestrarse nos posibles procedementos
alternativos de solución.

Sesión maxistral
A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios axeitados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da Innovación e Investigación Didáctica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000