Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será guiado, avaliado en proceso, e avaliado ao final.
A base sobre a que se aplican os criterios será a participación nas sesións de introdución e de seguemento e a memoria onde se recolle o realizado.
Ningún traballo se poderá dar por finalizado ata que non acade a cualificación de apto.
20
Presentacións/exposicións Neste apartado teráse en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula (A) dos exercicios e dos seminarios (C).
O valor da exposición dos traballos e das exposicións orais en aula e seminarios poderá chegar a representar o 20 do total final. O reparto é a partes iguais entre os tres tipos de presentacións.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Esta metodoloxía está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas. No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean prescritos pola docente pero que garden relación coa materia.
Este traballo fará parte do recompilado para o cartafol que debrá realizar individualmente o alumnado.
10
Seminarios
Cada grupo C terá 8 sesións de seminario (horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se documente previamente. Nas sesións de seminario cada participante intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta coñecemento e se debata en grupo. O traballo realizado para estas sesións fará parte da avaliación.
10
Probas de resposta curta Durante o desenvolvemento do curso realizaranse 9 probas (unha por cada tema) de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material.
Cada unha delas será avaliada de forma inmediata e devolta ao alumnado na semana posterior para a súa comprobación e comentario.
20
Cartafol/dossier No cartafol/dosier irase plasmando o traballo realizado durante o curso: exercicios, pescudas, comentarios, reflexións, incluso partes específicas do traballo realizado para a investigación en grupo que non tiveran entrada no mesmo.
Irase revisando na titoría ao longo do cuadrimestre a pedimento do alumnado ou da docente.
O valor do cartafol poderá supor na nota final ata un 30 por cento.
Comporán esa cualificación tres elementos:
- o recompilado para os seminarios (contemplado xa co 10 por cen no apartado correspondente)
- o recompilado como traballo voluntario (contemplado xa no apartado correspondente cun 10 por cen)
- o recompilado como exercicios de final dos temas elaborados para preparar mellor as probas de coñecemento, esta é a porcentaxe que se consigna neste apartado e que representa o 10.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba presencial voluntaria de resposta longa proponse como unha oportunidade para acadar a cualificación de sobresaliente ou MH de quen teña acadado un notable no cómputo global.
Trátase de desenvolver un tema ou un comentario de texto: Para o seu desenvolvemento poderanse consultar durante a realización cantos documentos se consideren de interese. Terá lugar na data da proba final oficial do cuadrimestre.
Nesta data final oficial terá lugar tamén unha proba de avaliación/recuperación para todas aquelas persoas que non acadasen o aprobado na avaliación continua. Neste caso será unha mestura de preguntas de resposta longa e curta. En ambos casos disporase de dúas horas para a súa realización.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria final oficial terá lugar unha proba de avaliación/recuperación das probas de resposta curta non superadas para todas aquelas persoas que non acadasen unha avaliación continua positiva da parte teórica a través das devanditas probas. Neste caso será unha mestura de preguntas de resposta longa e curta.

No caso da segunda convocatoria realizarase unha proba mixta oral e escrita na que se poidan avaliar os requirimentos e competencias da materia segundo o que queda expresado neste apartado 7.

No caso de que se teñan superado algunhas partes (traballo de investigación, seminario, presentacións, cartafol, parte das probas de resposta curta ...) gardaranse os resultados destas partes superadas para telos en conta na segunda convocatoria. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000