Tema |
Subtema |
TEMA 1.- Xénese e evolución da Socioloxía: a perspectiva sociolóxica. |
- Perspectiva sociolóxica, perspectiva global e perspectiva sociolóxica na vida cotiá. o cambio social.
- A socioloxía como ciencia: orixes e desenvolvemento
- Teoría sociolóxica: principais paradigmas
- As novas perspectivas,especial atención á perspectiva de xénero
- Debate entre estrutura e acción
|
TEMA 2.- Conceptos sociolóxicos básicos
|
- Introdución: concepto de sociedade, evolución e tipos de sociedade
- Individuo e sociedade, achegas da socioloxía clásica: Marx, Weber e Durkheim (conflito, racionalización, función, anomia)
- Cultura: conceptualización, diversidade cultural, subcultura e contracultura; lingua, símbolos, valores e normas.
- Normas, desviación e control social
- Estrutura social e interacción, status e rol. Construción social da realidade
- Estratificación social: clase, xénero e etnia.
- Grupos, organizacións e redes
- Metodoloxía, nocións básicas para o traballo de investigación: a definición do problema, as achegas teóricas, a formulación da hipótese, a escolla do deseño (distinción métodos e ferramentas básicas), recollida e compilación dos datos, interpretación dos resultados, elaboración de informe.
|
TEMA 3.- Socialización: marco xeral, familiar e escolar
|
- Socialización: concepto, teorías, proceso e marcos principais de socialización; a socialización de xénero como exemplo de socialización diferencial.
- A familia: análises teóricas, papel e modelos de socialización familiar, a relación familia-escola.
- A socialización escolar: a achega dos clásicos e os paradigmas actuais.
- O obxecto da socioloxía da educación e os temas de interese, os niveis microsociolóxico, intermedio e macrosociolóxico. -
- Soclialización escolar e desafíos do cambio social
- O papel da escola na reprodución da sociedade.
- A eficacia da socialización escolar.
- Para educar precisamos implicar a escola, a familia e a comunidade
|
TEMA 4.- Sistema social e sistema educativo
|
- O sistema social e o sistema educativo: desenvolvemento
- Características comúns e xerais dos sistemas educativos: xeneralidade, obrigatoriedade, ramificación, burocratización.
- A orixe dos sistemas escolares.
- O sistema educativo en España: xenealoxía e trazos fundamentais
|
TEMA 5.- O sistema educativo: funcións e proceso de reforma e readaptación permanente
|
- Funcións: socialización para o traballo, formación cívica, socialización para o consumo e o patriarcado, construción do consenso social a través da educación escolar, a creación de identidade nacional, a regulación do mercado de traballo, a custodia e vixilancia da infancia.
- Reforma escolar e políticas educativas
|
TEMA 6.- A estratificación social e as súas consecuencias no sistema educativo e nos individuos |
- A abordaxe teórica da desigualdade
- Clases sociais e educación: clase social e rendemento escolar, os factores de logro escolar en relación coa clase social.
- O xénero como categoría relevante na desigualdade educativa. O sexismo nos contidos curriculares, na interacción informal e na organización do proceso educativo
- A etnia e a cultura como categoría relevante na análise da desigualdade e do logro: a diversidade cultural, a interculturalidade na sociedade global.
|
TEMA 7.- Cultura e educación: o currículo dende a perspectiva sociolóxica |
- O concepto de currículo, saberes escolares: o expreso e o oculto, espazo e tempo, a organización escolar.
- As relacións sociais do proceso educativo: inculcación, selección/omisión, segregación/inclusión
- A reprodución cultural e social e a violencia simbólica; o nesgo de xénero, de clase e étnico
- Lingua e currículo
- A escola como aparello de poder disciplinario
|
TEMA 8.- Os axentes principais do proceso educativo escolar |
- A análise sociolóxica do profesorado: a ambivalencia da profesión docente, o profesorado como categoría e como grupo de estatus. A feminización da profesión docente.
- A análise sociolóxica da infancia: a construción social da infancia, a infancia postmoderna, a condición social do alumnado e a distribución do poder na aula, as violencias nas escolas: burlas, castigos e agresións, a competencia cos medios de comunicación e os retos das novas tecnoloxías
|
TEMA 9.- A análise microsociolóxica da vida escolar |
- A aula como microsociedade: significación social da aula e da relación educativa, poder e estratificación: xénero, clase e étnia
- A aula como marco de comportamento: negociación, estigma, resistencia
- A comunicación na aula
- A socialización da forza de traballo: estratificación do traballo e socialización diferencial e constitución do individuo illado
|