Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
O alumnado ha de ser quen de acadar as seguintes competencias cognitivas: Coñecer as bases e os conceptos fundamentais da ciencia sociolóxica así como o máis básico da súa metodoloxía (A1, A8, A12, B1, B13, B15). Comprender e diferenciar os principais paradigmas en Socioloxía. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas, nomeadamente as que teñen por obxectivo educar e aquelas que contribúen dun xeito implícito á socialización; nese sentido, incoporar de xeito transversal a perspectiva de xénero. (A12, B1, B13, B15). Coñecer e traballar o concepto de socialización e os procesos e axentes que implica, nomeadamente a socialización familiar e escolar e a súa relación co sistema social a cos roles principais como o de xénero (A8, A12, B1, B13, B15). Coñecer e comprender a relación entre o sistema educativo e o sistema social: económico, político, cultural, estratificación de xénero, de clase e de etnia (A4, A8, A12, B1, B13, B15). Comprender as funcións, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e comprender e diferenciar as funcións e as relacións entre a familia e o sistema educativo (A8, A12, B1, B13, B15). Comprender as posibilidades e os límites da reforma e da innovación educativa (A8, A12, B1, B13, B15). Coñecer o papel e funcións que afectan os colexios de educación primaria e os seus profesionais; coñecer a construción social, o papel e as relacións dos principais protagonistas dos procesos educativos: infancia e mocidade, docentes e familias (A8, A12, B1, B13, B15). Analizar as consecuencias dos sistemas de estratificación e da desigualdade de xénero, de clase e étnica sobre o sistema escolar e o alumnado (A8, A12, B1, B13, B15). Comprender as relacións sociais que subxacen os procesos de inculcación, selección e omisión curriculares (A8, A12, B1, B13, B15). Comprender as relacións que se establecen na aula e nos centros como microsociedade. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente (A8, A12, B1, B13, B15).
saber
A1
A4
A8
A12
B1
B13
B15
Saber facer.- Adquirir destrezas metodolóxicas (B1,B2, B3, B6,B7,B8,B9, B12,B17,B21). - Aprender a seleccionar e xerarquizar a información - Planificar o traballo, acadar metas concretas, establecer obxectivos e medios - Avaliar custos e posibles limitacións do traballo de investigación empírica - Análizar resultados e proceso de investigación - Sistematizar e presentar oralmente e por escrito os contidos previstos. Adquirir destrezas tecnolóxicas (B5,B6, B7, B15, B16, B17, B21) - Coñecer as ferramentas básicas de informática e audiovisual (procesador de texto, power point, folla de cálculo, acceso a internet, programas multimedia e gravación de voz ou vídeo) - Traballar con fontes e bases de datos estatísticos - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. - Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural Adquirir destrezas lingüísticas (B3) - Comprensión de textos complexos - Expresión escrita, comunicación oral en público. - Adquirir destrezas en linguaxe inclusiva - Capacidade de captar a atención do receptor - Resumir e poñer xunta información complexa ou de fontes diferentes.
saber facer
A10
A11
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B15
B16
B17
B21
Saber ser e estar Competencias para tarefas colaboradoras, compromiso e habilidades interpersoais (A10, A12, B7, B8, B9, B11, B12, B13, B14, B16, B18, B20) - Capacidade de escoitar aos demais e captar o sentido do que expresan - Capacidade de facerse entender e convencer aos demais das súas propostas - Adaptación a calendarios de traballo e para realizar as tarefas - Adaptar e flexibilizar os resultados dos seu traballo ao obxectivo común. - Compromiso co traballo, finalización das tarefas ou obxectivos marcados - Redefinición dos obxectivos ou medios se estes non se axustan aos fins marcados - Axuste a horarios e pautas externas de traballo - Asumir a responsabilidade propia, determinar as demandas feitas por outros e non confundir cos intereses persoais.
Saber estar / ser
A10
A12
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B14
B16
B18
B20
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000