Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Celebrada a exposición do estudante e, no seu caso, visto o informe elaborado polo director/titor, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde ao estudante. 70
Traballos tutelados O profesor fará unha avaliación continua do traballo do alumno. Antes da data establecida para a presentación e defensa do TFG, o tribunal de avaliación terá o informe de valoración do director sobre o traballo realizado por parte do estudante cunha valoración parcial do mesmo.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É condición indispensable para a defensa do TFG ter feita a matrícula de todas as materias requiridas para finalizar o Plan de Estudios de Grao. 

A matrícula no TFG outorgará o dereito de dúas convocatorias oficiais encada curso académico, conforme ao establecido no calendario académico aprobado en Xunta deFacultade.

No caso de obter a cualificaciónde suspenso, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante e ao director para a mellorado traballo e a súa posterior avaliación. A revisión oureclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo conforme aoprevisto na Normativa de Avaliación, ao igual que calquera outra materia doplan de estudios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000