Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Final Degree Work
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Group tutoring Sesións obrigatorias de titorización fixadas polo titor con todo o seu alumnado titorizado.
Presentations / exhibitions O alumno ou alumna deberá presentar oralmente o seu traballo perante un tribunal. Publicaranse nos taboleiros da Facultade, así como na súa web, as datas, horarios e tribunais para a exposición e defensa do TFG.
O alumno/a debe presentarse na hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario do tribunal avaliador.
Para a defensa deberá presentarse cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), así como cunha copia do seu expediente académico. Para a exposición disporá dun tempo de 10 minutos netos e o tribunal disporá de 10 minutos para realizar as preguntas que estimar oportunas. O alumno poderá utilizar canto material for preciso para exposición. A defensa finalizará cando o tribunal invitar o alumno/a a abandonar o atril de exposición.
Troubleshooting and / or exercises Sesións obrigatorias de titorización personalizada fixadas polo titor para discutir cuestións relacionadas coa elaboración do Traballo de Fin de Grao.
Tutored works Realización por parte do alumno do Traballo de Fin de Grao segundo a normativa adoptada pola Facultade e seguindo as orientacións do seu titor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000