Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Sesións obrigatorias de titorización fixadas polo titor con todo o seu alumnado titorizado.
Presentacións/exposicións O alumno ou alumna deberá presentar oralmente o seu traballo perante un tribunal. Publicaranse nos taboleiros da Facultade, así como na súa web, as datas, horarios e tribunais para a exposición e defensa do TFG.
O alumno/a debe presentarse na hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario do tribunal avaliador.
Para a defensa deberá presentarse cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), así como cunha copia do seu expediente académico. Para a exposición disporá dun tempo de 10 minutos netos e o tribunal disporá de 10 minutos para realizar as preguntas que estimar oportunas. O alumno poderá utilizar canto material for preciso para exposición. A defensa finalizará cando o tribunal invitar o alumno/a a abandonar o atril de exposición.
Resolución de problemas e/ou exercicios Sesións obrigatorias de titorización personalizada fixadas polo titor para discutir cuestións relacionadas coa elaboración do Traballo de Fin de Grao.
Traballos tutelados Realización por parte do alumno do Traballo de Fin de Grao segundo a normativa adoptada pola Facultade e seguindo as orientacións do seu titor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000