Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticum Informe da titora ou titor do centro, segundo o protocolo corresponde. 50
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Asistencia e avaliación das reunións e outras actividades programadas mediante a elaboración dunha memoria de Prácticas segundo as normas establecidas pola Facultade. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A titora ou titor académico da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de conformidade cos criterios e fontes de información sinalados.

2. Para superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un dos criterios de avaliación estabelecidos nos informes, tanto do titor/a do centro escolar como do titor/a académico.

3. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a académico da Universidade a avaliación final. 

4. Para facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. Particularmente, no referente á Memoria de Prácticas, sinalar:

a. A Memoria das prácticas desenvolverase consonte o establecido no art. 14 do Real decreto 1707/2011, de 18 de Novembro.

b. A través da guía docente, así como por outro tipo de orientacións, a Comisión de Prácticas estabelecerá anualmente as recomendacións precisas para unha correcta elaboración da Memoria.

c. Para facilitar o proceso de avaliación cada titor ou titora contará coa correspondente folla de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000