Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Prácticas externas: Practicum Código P02G110V01981
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
48 OB 4 An
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Didácticas especiais
Coordinador/a
Barcala Furelos, Roberto Jesús
Martínez Figueira, María Esther
Correo-e esthermf@uvigo.es
roberto.barcala@edu.xunta.es
Profesorado
Barcala Furelos, Roberto Jesús
Martínez Figueira, María Esther
Web
Descrición xeral O artigo 2 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de novembro, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, define estas como
“[...] unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos
adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que os preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento”.
O Real Decreto mencionado establece no seu artigo 3 que, coa realización das prácticas académicas externas, se pretenden alcanzar os seguintes fins:
a) Contribuír para a formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que os estudantes han operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
e) Favorecer a innovación, a creatividade e o emprendemento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000