Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica das matemáticas para a educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para a avaliación dos traballos se terán en conta os seguintes criterios:
- O tipo de traballo e o seu grao de dificultade: interese do tema, bibliografía consultada e idioma, etc.
- A corrección do documento e o seu resumo: boa estructuración, corrección na presentación e a escritura, bibliografía, construcción de materiais, experimentación, resumo ben elaborado, etc.
15
Presentacións/exposicións Para a avaliación da exposición dos traballos se terán en conta os seguintes criterios:
- A exposición oral e a presentación: cohesión do grupo, claridade na exposición, utilización de medios informáticos, emprego de materiais, conclusións, etc.
- A asistencia a todas as exposicións. O seu control será mediante sinatura.
- A intervención na aula sobre o tema exposto ou nos debates posteriores.
15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1º Bloque: tres apartados dos temas impartidos. Un de cada tema.
2º Bloque: cinco cuestións sobre os temas impartidos.
Cada unha terá diferente peso segundo o seu grao de amplitude e dificultade. Os estudantes saberán no momento da proba a cualificación máxima de cada unha delas.
Criterios de avaliación:
- Adquisición do coñecemento das cuestións propostas.
- Claridade na exposición, e corrección na redacción e a escritura.
- Utilización correcta de conceptos matemáticos.
- Capacidade para aplicar o coñecemento teórico.
70
 
Outros comentarios e avaliación de Xullo

A cualificación final da materia será a suma das obtidas no traballo (cualificación de 0 a 3) e na proba individual escrita (cualificación de 0 a 7).


O exame constará de dúas partes, unha por cada un dos bloques de contido teórico da materia.


Avaliación voluntaria durante o curso: unha proba escrita de cada un dos bloques do temario. As dúas partes deben ser aprobadas de forma independente para liberar materia do exame final.


Os estudantes que non se integren nos grupos de traballo das clases prácticas ou non cumpran os requisitos establecidos como criterios de avaliación terán como única opción o exame (cualificación de 0 a 7), sendo a cualificación obtida a súa cualificación final da materia.



Co mesmo criterio, os que non se presenten ao exame terán como cualificación final a obtida no traballo. 



 SEGUNDA CONVOCATORIA E SEGUINTES 

Os estudantes que non superen a materia deberán pasar un novo exame (de 0 a 7). A cualificación que obtiveran no traballo (de 0 a 3) no curso correspondente será engadida á nova cualificación.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal