Master Session |
Presentación e explicación dos contidos do temario.
Síntese e reflexión sobre os contidos.
Presentación de materiais para o ensino da matemática.
O estudante incorporará ao seu caderno de traballo o desenvolvemento do temario e os documentos que entregue o profesor. |
Tutored works |
Os estudantes formarán grupos para traballar e expoñer un tema monográfico de Didáctica da Matemática na Educación Infantil.
Os temas serán propostos polo profesor e escollidos polos grupos. Poden ser propostos outros temas sempre que sexan sometidos á consideración do profesor.
Cada grupo informará ao profesor do tema escollido, os integrantes do grupo e a bibliografía inicial. Os traballos se irán asignando por rigorosa orde de solicitude.
|
Workshops |
Exposición, coñecemento e traballo directo con diferentes xogos de regras e materiais manipulativos para a matemática na Educación Infantil.
Consulta e estudo da súa utilidade.
Apuntamentos e recollida de información que será incorporada ao caderno de traballo.
A asistencia é obrigatoria. O seu control sera mediante sinatura. |