Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Os criterios de avaliación serán:
- Asistencia ás clases. O seu control será mediante sinatura.
- Intervención na aula, corrección nas resolucións que se presenten e claridade na exposición.
- Presentación do caderno de traballo e posterior corrección segundo as indicacións do profesor.
30
Outras Exame (proba individual escrita) da materia, tanto da parte teórica como de exercicios e problemas.
Cada unha das cuestións propostas terá diferente peso segundo o seu grao de dificultade e amplitude. Os estudantes saberán antes de realizar a proba a cualificación máxima de cada unha delas.
Será valorada:
A corrección nos razoamentos, cálculo e interpretación de resultados.
A capacidade de expresión en matematáticas e en xeral na lingua.
A capacidade para a representación e comprensión de figuras.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A cualificación final da materia será a suma das obtidas no traballo de aula ( de 0 a 3) e a da proba individual escrita (de 0 a 7).
Os estudantes que non se integren nos grupos de traballo das clases prácticas ou non cumpran os requisitos establecidos como criterios de avaliación terán como única opción o exame (cualificación de 0 a 7), sendo a cualificación obtida a súa cualificación final da materia.
Co mesmo criterio, os que non se presenten ao exame terán como cualificación final a obtida na parte práctica.
*Na derradeira sesión presentarán ao profesor o caderno de traballo para a súa revisión final. Os estudantes deberán ter engadido, completado ou corrixido aquelas cuestións que o profesor indicara.  


 SEGUNDA CONVOCATORIA E SEGUINTES 

Os estudantes que non superen a materia deberán pasar un novo exame (de 0 a 7). A cualificación que durante o curso obtiveran na parte práctica (de 0 a 3) será engadida á nova cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000