Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Francés
   Assessment
  Description Qualification
Projects Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos da materia. Cada proxecto será avaliado de xeito anónimo por un grupo do alumnado conformado aleatoriamente. O conxunto das tarefas ou proxectos realizados por cada alumno constituirá o seu portfolio de aprendizaxe, que se irá completando en formato blog. A media das notas obtidas en cada proxecto, así como na avaliación do portfolio e a participación no ambiente virtual de aprendizaxe, constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados pola clase. 50
Presentations / exhibitions Nas datas estabelecidas na clase durante o período de exames do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente o seu portfolio de aprendizaxe, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor e que estarán recollidas nun blog de aprendizaxe. O alumnado deberá ter realizado todas as tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas segundo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella terase en conta a asistencia ás aulas. 50
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000