Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballos e actividades propostos polos docentes. 40
Presentacións/exposicións Elaboración e exposición dun traballo extenso. Na exposición se valorarán tanto os contidos coma a exposición oral. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliación das competencias que inclúen preguntas teóricas ou
prácticas sobre os contidos tratados na materia. Os alumnos deben
desenvolver, relacionar, organizar e presentalos coñecementos que
teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global.

A avaliación consistirá na realización dos traballos estipulados polo profesor (presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios, resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma) e da proba de resposta longa, de desnvolvemento. As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos, e o alumno ou alumna perderá a avaliación continua, non poderá realizar a proba de resposta longa e terá que realizar o exame na convocatoria de xullo.

A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase.

2ª Edición de actas

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua, poderá realizar un único examen na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica que consistirá nunha serie de probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000