Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros Actividades deseñadas cara á adquisición de coñecementos e habilidades instrumentais respecto a unha temática concreta, con axuda específica por parte da persoa docente ás actividades individuais ou grupais a desenvolver polo alumnado. 20
Presentacións/exposicións Presentación ante a persoa docente e ante o resto do alumnado, dun traballo sobre tema específico da materia. 20
Sesión maxistral Exposición por parte da persoa docente, dos contidos do programa e das bases para o traballo do alumnado. 10
Probas de tipo test Realización de probas escritas de resposta curta. 30
Cartafol/dossier Entrega na semana anterior ó final do período de docencia directa, do dossier confeccionado de forma individual por cada alumn@, baseado nos contidos específicos das clases maxistrais e dos obradoiros. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia regular ás sesións teóricas e prácticas será imprescindible para a superación da materia.

Os prazos de entrega de cada un dos traballos solicitados pola persoa docente para contribuír á avaliación serán improrrogables.
Para superar a materia cómpre obter un 5 nas probas sinaladas.

As competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo e, de non aprobarse entón, non se gardarán as notas para a seguinte convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000