Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Nesta materia consolidaranse os niveis B1 e B2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que tamén se traballarán certas competencias dos niveis iniciais, non se partirá dun coñecemento cero da lingua inglesa. Para poder cursar esta materia con comodidade e aproveitamento, recoméndase que o alumnado, ao empezar, teña un nivel de competencia comunicativa próximo a B1, isto é, uns coñecementos previos de inglés equivalentes a A2/B1 dentro do Marco Europeo de Referencia para as Linguas. Así mesmo, pódense reforzar os coñecementos do idioma e elevar o nivel a través de cursos na Escola Oficial de Idiomas, a UNED, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo ou outros estamentos. Así mesmo, fomentarase a aprendizaxe autónoma a través de ligazóns e páxinas web especializadas na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000