Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O/a docente recollerá na clase os resultados de varias actividades de 15 comprensión e expresión escritas. O obxectivo é obter mostras da evolución do alumnado e verificar a súa asistencia ás sesións presenciais. 15
Presentacións/exposicións O/a docente recollerá os resultados das actividades ou proxectos 25 levados a cabo polo estudante ao longo do curso. Estas actividades serán orais e poderán ser individuais e/ou en grupo. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Trátase dunha proba de avaliación final que abarcará a totalidade de 60 os contidos da materia, e cuxa data vén marcada no calendario académico oficial do centro. Terá dous partes: unha parte escrita de comprensión e expresión (75%) e unha segunda parte oral no que se avaliará a comprensión e expresión (25%). 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dos sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.

Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. Aquel/la alumno/a que non alcance dito procentaxe, perderá esta opción.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado que se acolla á avaliación continua exponse de forma continua e servirá para regular e supervisar tanto o ritmo
de traballo, como para permitir ao alumnado coñecer o seu grao de adquisición de coñecementos.


A cualificación final de cada alumno/a será o resultado dunha cantidade suficiente de de notas ponderadas obtidas ao longo do
curso.


Valorarase positivamente a asistencia e a participación nas actividades de clase, a realización de exercicios prácticos, a
preparación e entrega de traballos para completar a unidade abordada.


Para poder superar a materia, é necesario obter na parte escrita do exame final unha cualificación mínima de 3,5
puntos sobre 10.


Por razóns de organización e distribución do tempo no día do exame oficial, a parte oral terá lugar a continuación da proba escrita.

A avaliación única (avaliación non continua) consitirá nuhna proba global final que se realizará na mesma data que a proba oficial do alumnado que se acolla á avaliación continua. Consistirá nunha proba escrita (50%) e unha exposición oral (50%). A exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita.





En relación á segunda convocatoria, manteranse como superadas as partes da materia que fosen
previamente aprobadas na convocatoria anterior.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000