Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia (Grupo A): obxectivos, contidos, criterios de avaliación, etc. Realización dunha enquisa de análise de necesidades para detectar os coñecementos previos de inglés e descubrir os intereses e motivación do alumnado.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas sesións presenciais, co grupo, realizaranse exercicios prácticos de comprensión oral (diálogos, cancións e fragmentos de películas) e escritura (lectura de diferentes textos epistolares, xornalísticos e literarios). Utilización de vídeos e gravacións relacionados cos temas tratados como recurso metodolóxico importante. Actividades a través de TIC no laboratorio de idiomas. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática correspondentes.
Debates As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión oral: xogos de rol, simulacións globais e presentacións persoais e/ou profesionais.
Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática que se porán á súa disposición na plataforma Faitic.
Presentacións/exposicións As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión escrita: redacción de notas e correos electrónicos, formalización de formularios, elaboración de presentacións, resumos de filmes ou noticias de prensa e ditados. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática que se porán ao seu dispor na plataforma Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000