Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización de traballos de aula 40
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio 20
Proxectos Elaboración de proxectos globalizados 0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará individualmente unha proba presencial escrita sobre os contidos desenvolvidos na aula e no laboratorio. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes.
    Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • 1ªº CONVOCARTORIA: Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
  • 2ª CONVOCARTORIA: Para obter unha avaliación positiva o alumnado poderá optar por acollerse ás mesmas condicións que as establecidas para a 1ª CONVOCATORIA ou pola realización de dúas probas escritas presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aual e no laboratorio, respectivamente.
  • é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000