Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos
Elaboración en grupos de proxectos relacionados cos diferentes ámbitos da educación para a saúde
40
Estudo de casos/análises de situacións
O alumnado realizará estudos de casos, de forma individual ou en grupos
15
Traballos de aula
Elaboración de diversos traballos de aula de forma tutelada
25
Outras Participación activa nas distintas tarefas (debates, presentacións, coavaliacións...) e actitude cooperativa nos traballos grupais.
Realización de pequenas probas individuais sobre contidos da materia
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

      *Para aprobar a materia será necesario asistir con regularidade ás clases e realizar satisfactoriamente as actividades de aula. O alumnado que non cumpra estes requisitos deberá entregar un traballo e presentarse ao exame final, onde se avaliaran todos aqueles contidos traballados na aula

**O alumnado que non acade o aprobado poderá presentarse en segunda convocatoria (Xullo), neste caso, deberá entregar un traballo e presentarse ao exame. onde se avaliaran todos aqueles contidos traballados na aula

***Neste curso continuarase a experimentar o Proxecto de Innovación: "DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" , consistente no deseño e implantación de procedementos que inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos: Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI), Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais tamén se utilizan como probas de execución ou realización.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000