Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da educación infantil. Serán avaliados tendo en conta a calidade das aportacións, o seu formato axustado ós estándares científicos o mesmo que as exposicións monográficas que serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de aportar calidade a á materia 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
O profesor propondrá traballos sobre contidos específicos (dossier) que aporten actualidade, reflexión crítica ás temáticas traballadas nas clases. Trátase, mediante o traballo personal e reflexivo, de afondar nos eidos da labor educativa que máis valor teñen no seu quefacer profesional futuro
10
Sesión maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da disciplina resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter unha calificación positiva. O alumno que non realice todas as actividades de evaluación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. En Xullo avaliarase mediante un exercicio escrito, a entrega dun traballo monográfico e o dossier feito na clase.


Tanto a calificación dos traballos derivados da resolución de problemas, é dicir, contidos específicos (Dossier) como a calificación dos traballos de aula  (traballo monográfico) feitos no seu momento durante o curso,  seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000