Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación Código P02G110V01204
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Soto Carballo, Jorge Genaro
Correo-e hesoto@uvigo.es
Profesorado
Soto Carballo, Jorge Genaro
Web http://webs.uvigo.es/hesoto
Descrición xeral A materia Teoría e Institucións Contemporáneas de Educación persigue que os alumnos e alumnas adquiran unha visión de conxunto dos principais fenómenos e problemas educativos referidos ó seu quefacer profesional, de xeito que poidan chegar a contempla-los procesos educativos como accións e feitos humanos que actúan coherentemente nun sistema social; permitindo ós estudiantes analizar, relacionar e sintetiza-los distintos elementos que constitúen estes procesos. Desde esta perspectiva abórdase o estudio das bases fundamentais que fan posible a existencia dos fenómenos educativos: como actúan eses elementos dentro dunha cultura concreta, de que forma se relacionan dentro do sistema educativo, como evolucionan no transcurso do tempo, que mecanismos se poñen en funcionamento ó operar dun determinado xeito, en que sentido se pode afirmar que producen educación, etc.
Os elementos que configuran o estudio teórico e institucional da educación, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentemente das estructuras -humanas, físicas ou sociais- de que forman parte, senón dun xeito integrado. O que se persigue nesta materia, é que o alumno saiba interpretar ó final de curso a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais; que desenvolva a razón e o sentido crítico ó estudia-la actividade escolar e outros procesos educativos; que saiba intervir pedagoxicamente sobre esa realidade e ter claro cal é o seu papel como maestro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000