Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Para o aproveitamento exitos da materia RECOMÉNDASE: A) Asistencia continua a sesións de teoría e páctica. A asistencia a clase considérase fundamental para o seguemento da materia por parte do alumnado e para a avaliación do grao de desenvolvemento das capacidades e compoetencias. B) As tarefas e actividades prácticas poderán abranguer varias sesións de traballo e será necesario rematar algunha fora do horario de clase. Ao tratar o tema e, segundo proceda, facilitarase a bibliografía específica ao respecto. Tendo en conta que os contidos da materia son obxecto constante de: opinións, comentarios, debates e decisións, dende os ámbitos: político, administrativo, económico e social; sería conveniente para poder estar ao dia á lectura de páxinas web dos diferentes centros educativos da Xunta de Galicia, do Ministerio de Educación e Ciencia e doutras Comunidades Autónomas, así como revistas específicas de educación, organización, xestión, avaliación e calidade de institucións educativas. Ao tratar cada tema e segundo proceda, facilitarase a lexislación e a bibliografía específica ao respecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000