Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos A avaliación terá en conta o coñecemento acreditado polos estudantes, no que respecta aos contidos académicos da organización escolar. 20
Sesión maxistral Avaliar as actividades e tarefas realizadas durante a súa execución. Utilizaranse procedementos de:
<br>1. Preguntas intercaladas durante o desenvolvemento da lección.
<br>2. Técnicas de autoavaliación.
<br>3. Informes sobre actividades realizadas.
10
Presentacións/exposicións Os estudantes farán presentacións individuais ou en grupos dos proxectos ou traballos tutelados segundo as indicacións do profesor. 10
Traballos tutelados Avaliaranse os traballos tutelados levados a cabo polo alumnado, terase en conta: presentación, estrutura, citas bibliográficas, contido, ... 10
Probas de resposta curta A través destas probas preténdese constatar a precisión conceptual e terminolóxica dos aspectos relativos á Organización Escolar. Neste tipo de exames, cada pregunta curta ten unha puntuación individual. A suma destas preguntas reflicte a puntuación do exame. a suma destas preguntas reflicte a puntuación do exame:
para aprobar é necesario obter, polo menos, o 80% da devandita puntuación.
40
Estudo de casos/análise de situacións O estudante levará a cabo o estudio de casos propostos polo profesor. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
- De no ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas de novo na convocatoria de xullo.
- Mantéñense os criterios de avaliación especificados nesta guía.
- Mantéñense as partes superadas dos apartados de avaliación para cada curso académico e fin de carreira.
- Convén recordar que é moi importante a asistencia a clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000