Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Organización do centro escolar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Proxectos Mediante esta metodoloxía, os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto nun tipo determinado, para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades. Todo isto a partir do desenvolvemento e aplicación das aprendizaxes adquiridas e do emprego efectivo de recursos.
Titoría en grupo A través das titorías, o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...).
Sesión maxistral Presentación estructurada dos temas, coa finalidade de facilitar información organizada, seguindo os criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Guión facilitador e a correspondente exposición verbal, por parte do profesor, dos contidos da Organizacción Escolar.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto..., pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Traballos tutelados O estudante elaborará traballos ben individualmente ou en grupo, segundo a indicación do profesor sobre aspectos relacionados coa materia e baixo as indicacións do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000