Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
Materias
Comunicación: Lingua galega
Avaliación
Descrición Cualificación
Traballos tutelados

Elaboración dun traballo (texto escrito, estudo dialectolóxico ou análise de calquera aspecto relacionado co programa).
25
Resolución de problemas e/ou exercicios

Exercicios relacionados cos temas da materia.
15
Seminarios

Exposición oral dun tema relacionado coa investigación en curso que se leva a cabo como parte do traballo tutelado. 15
Sesión maxistral

Asistencia para a preparación do exame de fin de curso que incluirá os temas gramaticais explicados, os discutidos nos seminarios e a aplicación práctica con exercicios (probas de resposta curta e tipo test) 5
Probas de resposta curta Exame para responder de maneira breve sobre os coñecementos que se adquiriron da materia. 15
Probas de tipo test Exame das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego 15
Traballos e proxectos Presentación oral do traballo tutelado 10

Outros comentarios sobre a Avaliación

Modelo A. Para se poderen presentar ó exame, os estudantes que asistan con regularidade ás clases (como mínimo o 80%) terán que estar aprobados dos exercicios das clases B e do traballo obrigatorio das clases C. Para aprobar a materia hai que superar o traballo, os exercicios e o exame. As notas do exame aprobado sumaranse ás notas de B e C.

Modelo B. Os estudantes que non asistan regularmente ás clases (menos do 80%) terán que presentarse ó exame pero deberán entregar os exercicios das clases B e un traballo equivalente ó das clases C dúas semanas antes da data oficial do exame. Estes traballos só contarán como requisito para poder facer o exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000