Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Sociology: Sociology of education
   Assessment
  Description Qualification
Tutored works Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será guiado, avaliado en proceso, e avaliado ao final.
A base sobre a que se aplican os criterios será a participación nas sesións de introdución e de seguemento e a memoria onde se recolle o realizado.
20
Presentations / exhibitions Neste apartado terase en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula dos exercizos e dos seminarios. 20
Autonomous troubleshooting and / or exercises Esta metodoloxía está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas.
No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean suxeridos pola docente.
Este traballo pasará a formar parte do cartafol individual do alumnado.
10
Seminars
Cada grupo C terá 8 sesións en seminario (horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se documente previamente.
Nas sesións de seminario cada participante intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta o coñecemento e que se debata en grupo.
O traballo desenvolvido contará para a avaliación.
10
Short answer tests Durante o desenvolvemento do curso realizaranse 9 probas de coñecemento (unha por cada tema) de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material de consulta. Para a súa realización tomarase como base os exercicios propostos ao final de cada tema. Serán avaliadas de inmediato e devoltas ao alumnado para a súa comprobación e comentario en aula. 20
Portfolio / dossier No cartafol irase plasmando o traballado realizado durante o curso: resolución de exercicios, pescudas, recensións, cometarios sibre vídeos e películas, tanto da parte teórica xeral como a correspondente ao seminario.
Asemade, pódense incluír aspectos concretos relacionados co traballo de investigación tutelado de grupo.
O cartafol poderase ir revisando na titoría ao longo do cuadrimestre por solicitude do alumnado ou da docente.
10
Long answer tests and development A proba presencial de resposta longa (de desenvolvemento dun tema ou dun cometario de texto) ten caracter voluntario e marcará a diferenza entre o notable e o sobresaliente ou a MH. Terá lugar na data da proba final oficial.
Disporase de dúas horas para a súa realización e poderanse consultar materiais como o cartafol ou outras lecturas de consulta.
Nesta data oficial final participarán tamén as persoas que non acadaran unha avaliación contínua positiva ao longo do desenvolvemento do cuadrimestre pero cun tipo de proba que contemple unha mestura de preguntas curtas e longas. Tamén disporán de dúas horas para o seu desenvolvemento.
10
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000