Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Avaliación da elaboración e exposición dun traballo en grupos, que terá que ser exposto na horas prácticas nas que o grupo está dividido. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliación das respostas a exercicios ou actividades propostos polo profesor e realizados fóra da aula polos alumnos de forma autónoma. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliación das competencias que inclúen preguntas teóricas ou prácticas sobre os contidos tratados na materia. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentalos coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global.

A avaliación consistirá na realización dos traballos estipulados polo profesor (presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios, resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma) e da proba de resposta longa, de desnvolvemento. As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos, e o alumno ou alumna perderá a avaliación continua, non poderá realizar a proba de resposta longa e terá que realizar o exame na convocatoria de xullo.

A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase.

2ª Edición de actas

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua, poderá realizar un único examen na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica que consistirá nunha serie de probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000