Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Materias
Deportes náuticos
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A avaliación da docencia práctica está dirixida a valorar o dominio dos elementos imprescindibles para a práctica do remo e do piragüismo. Inclué o control de asistencia con participación activa e a avaliación continuada, mediante observación sistemática do rendemento do alumno e o nivel técnico alcanzado.
A asistencia as prácticas de laboratorio serán de actividade obrigatoria e para optar a superar a materia haberá que haber asistido a un mínimo de un 80% das sesións con participación activa.
60
Probas de tipo test Encaminada a evaluar a integración dos contidos teóricos por parte do alumnado. Enténdese tamén por "contido" teórico calquera explicación ou concepto que se manexe nas sesións prácticas. 20
Informes/memorias de prácticas O alumnado, de xeito individual, terá que presentar unha memoria final das prácticas feitas o longo do cuatrimestre. 20

Outros comentarios sobre a Avaliación

Prácticas de laboratorio:  Supoñen o 60% da cualificación final.A avaliación da docencia de laboratorios realizarase de forma continua mediante o control de asistencia diaria dos alumnos con participación activa e a observación sistemática por parte do profesor do seu rendemento e o nivel técnico acadado o longo do cuatrimestre. A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado. O profesor pasará un parte diario de firmas de asistencia as prácticas de laboratorio e ademais o día de presentación da materia, proporcionará unha ficha ós alumnos para que a devolvan ó profesor coa sua fotografía e os datos pertinentes, dentro da primeira semana de comenzo das prácticas.

Probas tipo test: Supón o 20% da cualificación final. Esta proba realizarase na data oficial e está encamiñada a evaluar a integración dos contidos teóricos (enténdese tamén por "contidos teóricos", calquera explicación ou concepto que se manexe nas sesións prácticas de laboratorio). Esta proba escrita constará de 50 preguntas tipo test con 3 opcións de resposta onde por cada 3 respostas erróneas descontaráse unha resposta correcta. A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado.

Informes/memorias de prácticas: Supón o 20% de cualificación final. O rematar o cuatrimestre os alumnos deberán presentar unha memoria de todas as prácticas feitas e entregala en formato "papel". Para elaborar esta memoria o profesor facilitará un modelo tipo de ficha o primeiro día das prácticas de laboratorio. Para completar este informe, o profesor, antes de comenzar cada sesión práctica, indicará brevemente no pantalán ós alumnos os obxetivos, características, contidos, etc. da mesma e os alumnos deberán tomar as notas oportunas; do mesmo xeito os alumnos ó rematar a sesión e traballando pola sua conta deberán completar a ficha. A data tope para presentar o informe/memoria das prácticas será a data do exámen oficial (fora deste prazo non se recollerá ningunha memoria).A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado.

Observacións: unha vez cumprido o requisito de asistencia a un mínimo do 80% ás prácticas de laboratorio con participación activa, a cualificación final do alumno será a nota media ponderada de cada un dos tres apartados (60%-20%-20%) sempre coa premisa de haber alcanzado unha puntuación mínima de 5 en cada un dos tres apartados. Se o alumno non chega a 5 en calquera dos tres apartados a sua cualificación na nota final será de "suspenso". A cualificación positiva de unha ou duas partes conservaráse únicamente ata a seguinte convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000