Resolución de problemas de forma autónoma |
Elaboración dunha coreografía final, presentación e exposición das sesións traballadas na práctica. |
15 |
|
B13 B24 B25
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Recompilación dos coñecementos adquiridos relacionados cos contidos teórico-prácticos da materia. |
10 |
|
B10 B14
|
|
|
Traballo |
Traballo en grupo sobre un elemento ximnástico asignado. |
15 |
|
B10 B12 B13 B14 B25
|
|
|
A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo
conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa,
continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.
A CUALIFICACIÓN FINALda materia resultará da integración das distintas notas das actividades realizadas tanto
nos contidos de Habilidades Rítmico-Expresivas como nos contidos de Habilidades Ximnástico-Acrobáticas.
Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as
actividades de avaliación, obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o
alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso, xa que se realiza unha
avaliación continua de todas as actividades propostas. Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a
segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o
alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron.
Para as demais convocatorias, o alumno/a deberá concorrer da mesma maneira a unha proba escrita de pregunta curta, tipo
test ou de desenvolvemento e dunha proba practica de execución e metolóxica dos contidos traballados para superar a materia. Igualmente deberá presentar o traballo co seu soporte audiovisual do elemento ximnástico asignado pola profesora e elaborado segundo o desenvolvemento dos contidos traballados durante o curso. A revisión de exames será no despacho das profesoras unha vez concluída a corrección.
OBSERVACIÓNS:
A PARTICIPACIÓN ACTIVA DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN. A asistencia ás sesións prácticas será OBRIGATORIA (80% das horas totais da materia, non sesións) Aplicarase de forma individualiza a cada un dos 2 Bloques da materia (Bloque Rítmico-Expresiva e Bloque Ximnástico-Acrobática). Os alumnos que participen activamente, como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o 50% da máxima
puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.
O alumnado que NON participe activamente (meros observadores), como mínimo, no 70% das sesións, deben obter o
65% da máxima puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas. Este aspecto é tido en conta igualmente para os que non asisten ao mínimo esixido das sesións prácticas. O alumnado discapacitado para a práctica motriz, poderá solicitar a adaptación das tarefas motrices a realizar nas sesións e nas probas de avaliación, no grao que as competencias da materia o permitan. Aos incapacitados temporalmente para a práctica deportiva, a avaliación das probas prácticas de execución ximnástica realizaráselle cando a súa incapacidade temporal permítallo.
BLOQUE: HABILIDADES XIMNÁSTICO-ACROBÁTICAS. A falta de asistencia a máis de dúas prácticas de laboratorio deste bloque (independentemente da súa xustificación), supón ademais a realización dun
exame práctico de ensino metodolóxico dos elementos acrobáticos aos que non se asistiu. BLOQUE: HABILIDADES RÍTMICO-EXPRESIVAS. Debido ao carácter de avaliación continua, a NON asistencia ás sesións prácticas non dará dereito a realizar a
coreografía en grupo, só de forma individual. |