Guia docente 2018_19
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma O TFM será elaborado de forma individual por cada estudante e reflectirá de maneira ordenada e exhaustiva os pasos do proceso que lle conduciron á creación da súa Colección fin de estudos
Para o que o TFM constará obrigatoriamente das seguintes partes
a) Estruturación e presentación dunha Colección
b) Memoria descritiva do traballo

a) Estruturación e presentación dunha Colección
Deseñarase e elaborará unha colección de pezas que constitúan unha unidade temática de entre 8 e 10 conxuntos, todos eles cunhas coordenadas necesarias (coherencia e interrelación na selección de tecidos, cores, estampados, texturas...) para consideralas dunha mesma familia, cunha dirección conceptual e estética na que se expresen o máximo de posibilidades formais.
Todas as pezas presentadas deberán ter un nivel de acabado “profesional”, e cada estilismo será proposto cos seus accesorios e complementos correspondentes.
70 A1
A2
A3
A5
B2
B3
B6
B7
B8
B9
B10
B12
C2
C7
C8
C9
C10
C11
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D12
Cartafol/dossier Xunto coa Colección presentarase un documento escrito e encadernado que recolla o proceso de investigación e creación do proxecto, de entre 30 e 40 páxinas. A memoria elaborarase á maneira dun ensaio e deseño completamente libres. Aínda que, deberá conter as seguintes unidades conceptuais:

Fundamentación do proxecto, motivacións, intereses persoais, obxectivos, referentes, moodboard…

Metodoloxía, procedementos e porceso de traballo seguidos, técnicas, materiais empregados, debuxos e ilustracións previas dos deseños, figurines, grafismo, paleta de cores, fichas técnicas…

Lookbook, conclusións, fotografías das pezas da colección, fotografías escenificadas, complementos, detalles...
Bibliografía: onde se enumeran nun formato normalizado as fontes consultadas, traballos, textos, libros, catálogos, revistas, etc.

Recoméndase facer uso da normativa
30 A4
B1
B4
B5
B11
C1
C3
C4
C5
C6
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Presentación de TFM



1ª CONVOCATORIA TFM: 18 de xuño de 2019

PECHE DE ACTAS: 21 de xuño de 2019

2ª CONVOCATORIA TFM: 23 de xullo de 2019

PECHE DE ACTAS 26 de xullo de 2019

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000