Guia docente 2018_19
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Taller de Investigador Invitado
   Contidos
Tema Subtema
Estudo dos problemas estruturais dun traballo de investigación artístico de experimentación e a súa anotación. Relación coa práctica artística, referencias e citas, bibliografía, desde a experimentación no taller ata o resultado e aplicación final. Trataranse diversos ámbitos da creación téxtil a través dun seminario específico no que contaremos coa presenza e achega de Ines Rir, artista téxtil cunha longa traxectoria de investigacións no ámbito de creación e tratamento de superficies téxtiles
A creación como investigación; a investigación como creación. Aproximación a un modelo metodolóxico onde a investigación articula o espazo central da creación. As técnicas serán as básicas do tecido, tafetán, e sarga pero modificadas a través do origami, o playting, técnicas de punto, bordado, anudado e afieltrado que se combinarán na construción do tecido, Non de forma superposta senón introducíndose á vez que se constrúe.
Achegamento e profundización no tecido

Técnicas artesanais básicas e creativas de intervención nun tecido.
Materiais orgánicos e naturais como a la en diferentes tipos, corda… torsionados e de sección circular. Con materiais planos como as tiras de feltro, cintas, papel, plástico…e tamén con materiais como o arame.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000