Guia docente 2018_19
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Procesos de Investigación e Creación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo Os traballos resultantes dos proyectos e do traballo autónomo se corrixen semanalmente en aula. E fundamental asistir e compartir os avances de cada un así como estar presente mentras se comentan todas as propostas.
Resolución de problemas de forma autónoma O exercicio proyectual que vai ser o eixo central nesta materia supón a elaboración dunha colección de moda, composta por entre oito e dez estilismos completos. Como se ve é unha docencia baseada nunha aprendizaxe por proxectos.
Deberase elaborar a proposta conceptual da colección, así como os debuxos, as siluetas, o estudo de cor, as selección de tecidos e a memoria de desenvolvemento e proceso. Todo isto entregarase en formato caderno de campo onde debe quedar ben exposta e representada a investigación. O documento reflectirá, en canto a referentes e datos de interese os eixos vertebrais da colección, seguindo os criterios anteriormente expostos.
En paralelo haberá que desenvolver completamente as glasillas e prototipos e entregáranse o día da presentación cando menos da metade das pezas que conforman a colección completa.
Aprendizaxe baseado en proxectos
O exercicio proyectual que vai ser o eixo central nesta materia supón a elaboración dunha colección de moda, composta por entre oito e dez estilismos completos. Como se ve é unha docencia baseada nunha aprendizaxe por proxectos.
Deberase elaborar a proposta conceptual da colección, así como os debuxos, as siluetas, o estudo de cor, as selección de tecidos e a memoria de desenvolvemento e proceso. Todo isto entregarase en formato caderno de campo onde debe quedar ben exposta e representada a investigación. O documento reflectirá, en canto a referentes e datos de interese os eixos vertebrais da colección, seguindo os criterios anteriormente expostos.
En paralelo haberá que desenvolver completamente as glasillas e prototipos e entregáranse o día da presentación cando menos da metade das pezas que conforman a colección completa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000