Guia docente 2018_19
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Procesos de Investigación e Creación
   Contidos
Tema Subtema
Esta materia supón unha experiencia completa de aprendizaxe por proxectos e consiste na posta en marcha e realización por parte do estudante e de forma individual, dun anteproxecto de colección de moda no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos previamente , capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia anterior e que ten que ver coa conceptualización e desenvolvemento dos primeiros pasos dunha colección de moda. A dirección artística en moda destinada ao enfoque efectivo dunha colección completa e coordinada no usos dos conceptos, a selección de tecidos, volumes, etc. Desenvolvido a un nivel profesional
Este proceso de creación debe atender a referentes de moda seleccionados con criterio de adecuación temáticas. Organización da investigación
Procura de referentes de valor
Esta proposta de colección de deseño debe condensar tamén un universo conceptualmente articulado por unha silueta, volumes, valoración de tecidos, acabados así como os elementos de estilo necesarios (complementos) para comunicar a colección e que complementen as pezas. Para esta finalidade e para aqueles que non estean familiarizados na produción de obxectos recoméndase cursar a materia optativa de ""Modelos e disciplinas auxiliares""
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000