Guia docente 2018_19
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Ilustración de Moda
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse actividades de contido máis teórico para abordar problemáticas creativas na formulación de deseños de moda e elaboración do portfolio. O profesor supervisará un a un os distintos exercicios e fará as observacións oportunas en cada caso. Todos os exercicios serán conservados polos alumnos a fin de analizar a súa progresión.
Obradoiro Dado que gran parte dos contidos son de aptitudes e de “saber facer”, é por isto que o tipo de aprendizaxe máis idónea é o baseado na proposta de exercicios e no hábito diario dentro da aula de EXERCICIO → RESOLUCIÓN → CORRECCIÓN → REPETICIÓN. Esta cadea metodolóxica baseada na repetición é o método máis rápido e eficaz de adquirir habilidades, a condición de que o alumnado participe diariamente desta actividade. Así pois, ao comezo de cada clase o profesor exporá o tema para traballar, para o que ademais dunha exposición realizará unha demostración práctica. A continuación, os alumnos tratarán de aplicar os conceptos explicados nos seus debuxos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000