Guia docente 2017_18
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Taller Fotográfico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Seguimento continuo en grupo do traballo realizado polo alumnx, potenciando a reflexión, a crítica e o debate no grupo.
É importante que cada alumnx vaia coñecendo o traballo que están a realizar xs compañeirxs, porque pode ser de utilidade para o seu propio traballo, ampliando horizontes, e porque deste coñecemento derivanse habitualmente sinerxías interesantes.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Tratáse de que cada alumnx traballe sobre o tema que lle interese, empregando a técnica que considere adecuada para a súa proposta.
O traballo práctico deberá de ir acompañado da reflexión teórica e da busca de referentes.
Lección maxistral Analizarase:
O proceso de produción de proxectos e exposicións, abordando o papel dos distintos axentes.
As repercusións derivadas da imaxe numérica.
O fotolibro
Os aspectos específicos do medio fotográfico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000