Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Obra artística desenvolvida nos talleres e traballo teórico. Ambas modalidades deberán poñer de manifesto as competencias adquiridas no master.
Valorarase:
a) Comprensión, desenvolvemento e interiorización dos procedementos técnicos e conceptuais empregados.
b) Nivel de resolución material e adecuación ás intencións e ás formulacións expresivas.
c) Grao de riqueza e complexidade sensible, estructural e conceptual.
d) Grao de interiorización e de resposta persoal aos desenvolvementos da arte actual en calquera das súas manifestacións.
e) Capacidade de experimentación e indicios de innovación no campo específicamente explorado. Orixinalidade relativa.
f) Interese plástico e expresivo da obra. Nesta valoración teranse en conta os informes dos titores (25% Titor + 75% Tribunal).
50 C7
C13
C14
C17
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C27
Informes/memorias de prácticas Elaboración da memoria do proxecto seguindo os apartados correspondentes e co rigor e a claridade expositiva necesaria. Debe ser a condensación e análise do traballo realizado. Valorarase: A linguaxe técnica empregada, a claridade da redacción. A cantidade e claridade da información utilizada, se esta é suficiente e conveniente para identificar os elementos crave do proxecto presentado. Valorarase que os contidos sexan convenientemente organizados, estructurados e desenvolvidos. Valorarase que as fontes documentais sexan suficientes e adecuadas na súa elección e no seu uso. 30 C7
C13
C14
C17
C21
C22
C23
C25
C26
C27
Traballos e proxectos A forma da presentación. A claridade de dicción, riqueza de vocabulario. A presenza e a actitude ante o tribunal. O coidado, orixinalidade e expresividade dos soportes audiovisuais utilizados como apoio á presentación. A capacidade para responder adecuadamente ás preguntas do tribunal. Terase especialmente en conta a argumentación, capacidade de convicción e manexo da adecuada información nas respostas. 20 C7
C13
C14
C17
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O tribunal designado pola Comisión Académica estará composto por tres membros. Dous membros serán profesorado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e o terceiro será un experto do ámbito artístico que actuará con voz pero sen outorgar cualificación.

O acto de presentación do TFM - do documento escrito ou da obra artística formalizada - realizarase de modo presencial ao finalizar o segundo cuadrimestre. Será un acto público e a defensa terá un tempo máximo de 20 minutos seguido dunha quenda de preguntas dos membros do tribunal. No acto de presentación e defensa valoraranse os aspectos descritos máis arriba coas súas correspondentes porcentaxes. O sistema de cualificación será o definido polo RD 1123/2003 de 5 sept. Os resultados cualificaranse en escala numérica: 0-4,9:suspenso / 5,0-6,9: aprobado / 7,0-8,9: notable / 9,0-10: sobresainte.

1ª avaliación: 12 e 13 de xuño.

2ª avaliación: 13 e 14 de xulio.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000